Wednesday 15 de May de 2024

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros galegos participarán na liga impulsada pola Garda Civil para promover a formación en ciberseguridade


— Galicia é unha das tres comunidades elixidas formar parte desta actividade xunto con Castela–A Mancha e Madrid

— O obxectivo é facilitar aos rapaces claves para facer un uso seguro da internet, no marco dos obxectivos das estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta

Máis de 1.000 alumnos de 4º de ESO de 34 centros educativos de Galicia participaran este curso na modalidade preamateur da V Ciberliga 2023, unha actividade teórico-práctica de formación en ciberseguridade e en prol dun exercicio responsable da cidadanía dixital. A iniciativa é impulsada pola Garda Civil e foron elixidas para participar nesta iniciativa Galicia, Castela–A Mancha e Madrid.
Será o Instituto Nacional de Ciberseguridade o que desenvolva a actividade ao longo do primeiro trimestre do curso 2023-2024, con dúas fases clasificatorias. A primeira delas, a nivel galego, consistirá nunha formación en streaming dunha hora de duración á que seguirá un ciber-reto nun espazo virtual seguro no que participará o alumnado en grupos de tres ou catro. Neste ciber-reto terán a oportunidade de por en práctica os coñecementos de ciberseguridade aprendidos na sesión anterior.
Pasarán á segunda fase, a nivel nacional, os cinco mellores equipos clasificados no ciber-reto a nivel galego. Desenvolverase, con similares características e probas, en Aranjuez (Madrid) do 14 ao 16 de novembro.
Os centros galegos participantes son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia Concello Centro
A Coruña A Coruña CPR Calasanz – PP Escolapios
A Coruña A Coruña CPR Plurilingüe Liceo La Paz
A Coruña A Coruña IES Agra do Orzán
A Coruña Betanzos CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen
A Coruña Cambre IES David Buján
A Coruña Ferrol CPR Plurilingüe Jesús Maestro
A Coruña Miño CPI Castro Baxoi
A Coruña Narón IES As Telleiras
A Coruña Noia CPR Plurilingüe Maria Assumpta
A Coruña Rois CPI Plurilingüe dos Dices
A Coruña Santiago de Compostela IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Lugo Burela IES Perdouro
Lugo Cervo IES Marqués de Sargadelos
Lugo Foz CPR Plurilingüe Martínez Otero
Lugo Friol CPI Dr. López Suárez
Lugo Mondoñedo IES Plurilingüe San Rosendo
Lugo Monforte de Lemos CPR Real Colegio Padres Escolapios
Lugo Sarria CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de la Asunción
Lugo Sarria IES Gregorio Fernández
Ourense Coles CPR Malvedo
Ourense Ourense CPR Plurilingüe María Auxiliadora
Ourense Ourense CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús
Ourense Verín IES Xesús Taboada Chivite
Pontevedra A Estrada IES Manuel García Barros
Pontevedra Marín CPR Plurilingüe La Inmaculada
Pontevedra Meaño IES de Meaño
Pontevedra Mos IES de Mos
Pontevedra Silleda IES Plurilingüe Pintor Colmeiro
Pontevedra Tui CPR Santa María
Pontevedra Vigo CPR Plurilingüe Labor
Pontevedra Vigo IES Alexandre Bóveda
Pontevedra Vigo IES de Teis
Pontevedra Vigo CPR Plurilingüe Las Acacias
Pontevedra Vilagarcía de Arousa CPR Plurilingüe Sagrada Familia

Esta acción enmárcase no protocolo subscrito no ano 2022 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Dirección Xeral da Garda Civil, así como nas estratexias Edudixital e Educonvives da Xunta de Galicia. Non en balde, a primeira delas prevé a formación dos estudantes para adaptarse aos desafíos que os esperan no ámbito educativo, persoal ou profesional; mentres que a segunda recolle como unha das súas liñas de actuación o establecemento de actuacións específicas cara a unha convivencia dixital responsable.